Naviera Mar de Ons resólveche esta dúbida e ofréceche a posibilidade de desfrutar dunha noite máxica a bordo dun dos seus buques insignia, o Mar Vigo, para gozar dunha cea en barco, escoitar música... e navegar!
Baixo o título “Mar de Noches”, Naviera Mar de Ons presenta unha das nosas últimas iniciativas na que conxugamos a mellor música, a paisaxe engaiolante da ría de Vigo e a gastronomía. É sen dúbida a mellor aposta nocturna para as noites do verán.
Vigo, a famosa cidade olívica, ofréceche moitas alternativas de lecer diferentes e Mar de Noches está entre as mellores apostas en xullo e agosto. Cear nun barco, escoitar música, bailar ou tomar unha copa mentres navegas baixo a incrible ponte de Rande é algo que non podes deixar de facer!
A cidade de Vigo, esta dinámica e bela localidade, está entre unha das visitas obrigadas en Galicia, e reservar unha cea a bordo con Mar de Ons, mentres navegas pola súa incrible ría, é unha das súas actividades nocturnas que debes reservar con antelación se queres desfrutar dela.
Mar de Noches ponse en marcha cada verán, nos meses de xullo e agosto. Esta travesía nocturna con saída desde o porto de Vigo, moi preto do Club Náutico e da rúa Montero Ríos, consolídase verán tras verán como a mellor alternativa nocturna da cidade.
O punto de inicio e de fin deste servizo é o mesmo; por iso podes aparcar o teu coche preto do porto ou baixar andando se estás aloxado ou tes a túa residencia próxima ao noso punto de saída, A Laxe. Lembra que se vés en coche debes deixalo nun aparcadoiro 24 h para que goces ao máximo deste minicruceiro. E, se queres, á volta desta travesía podes seguir paseando pola zona de marcha nocturna da cidade.
Se te embarcas en Mar de Noches, a foto baixo a maxestosa ponte de Rande será o teu recordo estrela deste verán!
Saímos de Vigo ás 22.30 h, pero o embarque comeza as 22.15 h e estaremos a navegar durante máis de dúas horas pola ría de Vigo. Durante este enfeitizador paseo contarás coa compaña dun grupo musical en directo ou música da man dun dos mellores DJ de Vigo, porque a música é protagonista tamén de Mar de Noches.
Os nosos buques Mar Vigo ou Mar de Cíes, os catamaráns de pasaxeiros de maior capacidade de toda Galicia, son os protagonistas tamén de Mar de Noches. A súa sutil e delicada decoración e o menú degustación que desfrutarás a bordo farán a guinda desta viaxe.
Goza a bordo da fascinante noite viguesa!