Bágoas de San Lourenzo – Perseidas
As Bágoas de San Lourenzo chegan ao seu punto de máxima intensidade entre o 11 e o 13 de agosto e Mar de Ons, como tódolos anos, pon en marcha un servizo especial para poder contemplar este fenómeno astronómico dende o mar.
Goza das Bágoas de San Lourenzo a bordo. Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de gozar dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano: as Bágoas de San Lourenzo ou, para os amantes da astronomía, a chuvia de estrelas das Perseidas.
Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre a nosa clientela en verán. Durante uns días, o ceo énchese de estrelas fugaces e Mar de Ons porá rumbo cara o ceo das Illas Cíes.
Que farás
Naviera Mar de Ons ofréceche a posibilidade de gozar dun dos fenómenos astronómicos máis espectaculares do ano, as Bágoas de San Lourenzo ou, para os amantes da astronomía, as Perseidas.
Este espectacular evento convértese nunha cita obrigada entre os nosos clientes cada verán. Durante uns días, o ceo inúndase de estrelas fugaces e Naviera Mar de Ons pon rumbo cara a augas do Parque Nacional, concretamente cara ás Illas Cíes.
A contorna destas illas é un lugar privilexiado para contemplar este fenómeno astronómico afastados da contaminación lumínica da cidade e comodamente a bordo dunha das nosas embarcacións. Non hai que esquecer que as illas Cíes teñen o certificado de “Destino Turístico Starlight”; por iso, desfrutar da chuvia de estrelas máis importante do ano preto delas será algo único e máxico.
Tamén podería gustarte...
Festa da Arribada
Especial Halloween – Cea e Música
Especial Nadal – Cea e música
Fogos de Bouzas
Fogos de Sanxenxo
Xira pola ría con degustación de mexillónes – Ría de Vigo
Bágoas de San Lourenzo – Perseidas
Mar de Noches – Cea e Música
Combarro, o pobo costeiro máis bonito de Galicia
Experiencia Starlight
Xira pola ría con degustación de mexillóns – Ría de Pontevedra