Responsabilidade social corporativa

O noso equipo

O principal activo de Mar de Ons é o persoal que forma parte da empresa. O seu compromiso e dedicación diaria é a clave para ofrecer o mellor servizo.

O noso equipo humano está formado pola tripulación dos buques (capitáns, oficiais, mariñeiros, auxiliares de navegación …) e o persoal de terra, integrado polos departamentos de atención ao cliente, administración, vendas, recursos humanos, contabilidade, explotación e comercialización, entre outros.

A sensación de pertenza a este grupo, a experiencia e o traballo en equipo foron ata o de agora os motores que impulsaron o desenvolvemento de proxectos innovadores e permitiron a incorporación de novos barcos e a apertura de novas liñas con éxito.

As nosas tripulacións contan cunha ampla formación en embarcacións de navegación e pasaxeiros, ademais de anos de experiencia no sector turístico, acollendo con profesionalidade o pasaxeiro e ofrecéndolle o mellor trato para facer inesquecible a súa estancia a bordo.

Misión

A nosa misión é ser coñecidos e recoñecidos polo noso liderado no sector e por ofrecer un servizo de calidade baseado na mellora continua. Comprometémonos cos nosos clientes brindándolles un servizo seguro, de calidade, responsable e ao mellor prezo, renovando e adaptando os nosos servizos ás demandas do mercado.

Visión

A nosa visión inclúe dirixir aos nosos empregados cara a calidade na prestación do servizo, así como incorporar continuas melloras tecnolóxicas que nos permitan proporcionar a mellor experiencia aos nosos clientes, mellorando a calidade da mesma e contribuíndo a un mundo máis sostible.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

A nosa misión é ser coñecidos e recoñecidos polo noso liderado no sector e por ofrecer un servizo de calidade baseado na mellora continua. Comprometémonos cos nosos clientes brindándolles un servizo seguro, de calidade, responsable e ao mellor prezo, renovando e adaptando os nosos servizos ás demandas do mercado.

Orientación ás persoas

O principal activo de Mar de Ons son as persoas. O compromiso e dedicación do noso persoal é a base para poder ofrecer o mellor servizo tanto a bordo como en terra. Os seus anos de experiencia acollendo ao viaxeiro garanten un agradable traxecto.

Servizo especializado

Buscamos a solución máis adecuada para cada cliente e ofrecémoslle servizos á medida.

Formación

Formación e especialización constante dos nosos profesionais para adaptarnos ás necesidades dos nosos clientes.

Experiencia

A experiencia permitiunos establecer uns valores que, día a día, axúdannos a prestar un servizo excelente aos nosos clientes.

Aválannos máis de 25 anos atendendo a miles de clientes.

Innovación

As inversións realizadas pola compañía en buques de última xeración converten a Mar de Ons na navieira coa maior e máis moderna frota de barcos de pasaxeiros.

Responsabilidad Medioambiental

Como empresa responsable del sector turístico, Mar de Ons se compromete al cuidado y respeto del medio ambiente en el ejercicio diario de sus actividades y servicios, minimizando el impacto negativo en el entorno y fomentando una cultura sostenible internamente y externamente.

Excelencia no servizo

Mar de Ons é unha empresa de referencia en canto á prestación de servizos. Conseguir a stisfacción dos nosos clientes ofrecéndolles servizos de gran calidade é o noso principal obxectivo. Por iso, a nosa excelencia e calidade turística están avaladas por diversas certificacións.

Todos os servizos que prestamos cumpren unha serie de exixencias técnicas que foron establecidas previamente nunha norma, e que van encamiñadas á plena satisfacción dos nosos clientes.

En Mar de Ons centrámonos en motivar aos nosos traballadores en obter un obxectivo común que é a satisfacción dos nosos clientes e a mellora continua para conservar o noso liderazgo no sector.

Este esforzo levounos a convertirnos nunha das poucas compañías do sector que obtivo a distinción “Compromiso coa Calidade Turística” concedida polo Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas.

Ademais, recentemente outorgousenos a certificación de confianza on-line, un selo de calidade outorgado polo Instituto Nacional de Consumo considerado un distintivo público de confianza en liña, e contamos coa certificación de Tripadvisor.

A nosa flota

Contamos coa maior e máis moderna frota de transporte de pasaxeiros da costa galega.

Todos os nosos buques están equipados cos últimos avances tecnolóxicos en materia de seguridade e calidade nos servizos a bordo.Os nosos barcos dispoñen das maiores comodidades para a pasaxe (cubertas exteriores, baños, cafetería,…), así como de todos os elementos de seguridade que che farán desfrutar dunha travesía única.

A seguridade dos nosos pasaxeiros e tripulación é a máxima prioridade nas nosas operacións. Nos nosos máis de 25 anos de historia esforzámonos por demostrar o noso compromiso coa innovación e a mellora continua en todos os aspectos da nosa compañía.

Mar Vigo
Mar Vigo
Arroyos
Arroyos
Mar de Cíes
Mar de Cíes
Mar Ficas
Mar Ficas
Mar de Mouro
Mar de Mouro
Mar de Cangas
Mar de Cangas
Le Montecarlo
Le Montecarlo
Mar Onza
Mar Onza
Mar Sálvora
Mar Sálvora
Mar de Ons
Mar de Ons