Viaxa ás nosas illas.
Vive experiencias únicas.
Vigo - Cangas
Goza da riqueza paisaxística, cultural, gastronómica e histórica que nos ofrece a Ría de Vigo. Viaxa entre Vigo e Cangas durante os 365 días do ano desde tan só 1,52€. En escasos 20 minutos o barco deixarate no pleno centro de ambas as localidades, porque na Naviera Mar de Ons póñenoche moi fácil. Vémonos a bordo!
Mar de Ons
Máis dun millón de persoas elixénnos cada ano.
Desde que comezamos a operar hai máis de 30 anos, o noso obxectivo foi sempre dar a mellor atención para que poidas gozar dunha xornada única. Seremos un compañeiro de viaxe en quen confiar. Cada ano escóllennos máis dun millón de persoas, converténdonos na principal empresa de transporte marítimo de pasaxeiros de Galicia.
Experiencias
A nosa flota
Contamos coa maior e máis moderna frota de transporte de pasaxeiros da costa galega.
Todos os nosos buques están equipados cos últimos avances tecnolóxicos en materia de seguridade e calidade nos servizos a bordo.Os nosos barcos dispoñen das maiores comodidades para a pasaxe (cubertas exteriores, baños, cafetería,…), así como de todos os elementos de seguridade que che farán desfrutar dunha travesía única.
A seguridade dos nosos pasaxeiros e tripulación é a máxima prioridade nas nosas operacións. Nos nosos máis de 25 anos de historia esforzámonos por demostrar o noso compromiso coa innovación e a mellora continua en todos os aspectos da nosa compañía.